e meterei a miña Lei no seu peito

 

Buscar o signo do acontecemento é deixar atrás o estado de cousas caduco e penetrar a vida, coa boca aberta.

 

 

Ela non quere a extensión e buscar a dirección coa búsola: quere un punto con todos os sentidos. Quere deixar caer a forma coma a luva no chan. Quere só o real grande, explosivo, coma a superficie solar, cos túmulos revoltos en lume.

 

 

De aí só sae un real que se pega ás mans e do que é difícil limparse. E só podía facer sinais de fume ao lonxe. Sinais de fume a un que, por veces, durmía con ela demasiado tempo. ‘Co nariz roto e o rostro sangrando, alá, ves?, comendo a parede. Así está a miña alma ao teu lado’.

 

 

Agromar é o verbo.

 

 

Vou parar. Vou parar porque me dá medo seguir. ( Teño medo do teu medo! ). O medo fainos escravos, pero agora non me importa: bloquéame os receptores de nicotina, si.

Volvo empezar: a miña vida é a experiencia do meu tempo.

Quero escribir nun estado extremo, íntimo, de tensión coa vida. Quero escorregarme por ese espazo onde as letras se desfán pingando en ácido. E que risas diferidas se escoiten ao fondo
e eu
impertérrita.
E que toda a vida, a túa vida, sexa recordos borrados e o abismo, esa síntese excelsa do baleiro: a palabra xa lle sobra.
Collo o bolígrafo coma unha daga e fago saltar estelas.
E collo a forma e métoa na boca.
Vou pintar a nada e a nada é unha textura branca sangrando.

‘Neses momentos, iso que vives non o vives ti soa’, dixeron. Oh, e quen me acompaña entre as tebras pegañentas? Non noto a man que me ampara. Nin sei a man que me leva. Oh, eu, cega e insensíbel pola dor de estar viva. Como lisco de min?

 

 

Mira como esculpo no baleiro.

Mira como esculpo o baleiro.

 

 

É un xogo: a vida liberada é lucidamente lúdica.
Dedico a miña vida a escribir o meu diario.
A vida é, logo, isto que atopo entre as letras.

 

 

E meterei a miña Lei no seu peito ( Rebeca Baceiredo, 2014 )

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s