elixo ser río

 

elixo ser río
río de sangue
entre estas escarpadas
rexións da dor
aquí onde ningún poder
ousaría entrar
aquí debo fluír sen sinais
confundíndome nas bocas
desterradas
perdendo canto de fascínio
atoparon os meus ollos
aquí onde o indicible é
un estrangulamento de paxaros
e o que se di a máis grande ofensa
aquí ante este gromo de vida que asoma
entre deuses loucos e cadáveres
un río de sangue
onde borrar o propio nome
onde ser só unha man que se ofrece
a limpar os ollos da catástrofe

 

( Eva Veiga, Silencio percutido, 2016 )

 

 

Advertisements