veño aquí con este óso espido

 

veño aquí
con este óso
espido
e coas súas
mareas
de indixencia
pero non hai
ninguén máis
neste areal
o óso
núa ferida
do vento
óllame e seime así
a súa invención
xuntamos
os nosos corpos
na mesma boca
extínguese algo
que non mide
o tempo
e a lingua toca
a cinza
o seu reclamo

 

( Eva Veiga, Silencio percutido, 2016 )

 

 

Advertisements