esa nosa arxila adulterada

 

esa nosa arxila adulterada
a que fai negocio
da súa propia impotencia

a que sente un horror descomunal
ante o baleiro e na propia sede cava
insaciable o seu vacío

esa arxila incapaz nunca de ser
o fresco tesouro dunha cántara
con dedos de araña agarra
as estadas todas da auga correntía
que pon á venda nun absurdo mercado
de valores

esa arxila
a que ergueita
aínda máis infecta e arrastrada

leva consigo unha lanterna
coa que bota aos grilos da súa casa

sábese no fondo cega e pobre esa arxila
nunca as súas paredes interiores acolleron
a transparente claridade do enigma

 

( Eva Veiga, Silencio percutido, 2016 )

 

 

Advertisements